Os Socialistas de Leiro consideran que os edís do PP están no Concello exclusivamente por interese propio
O portavoz socialista no concello de Leiro, Manuel Rodríguez, manifestou a súa sorpresa tralo rexeitamento por parte do grupo popular dunha emenda socialista na que se instaba a unha redución nas contías por asistencia a plenos e comisións de goberno dos concelleiros en solidariedade coa redución dos soldos dos funcionarios e o personal laboral do concello, aprobada con anterioridade.
Rodríguez sinala que como explicación o alcalde indicou "que é pouco o que cobran los Concejales para o traballo que desempeñan". O Grupo Municipal Socialista pregúntase “qué traballo desempeñan os concelleiros do Grupo de Goberno, xa que o único que fan é levantar a man nos plenos como un robot que está programado para esa función e para cobrar cada un deles 1800 euros ao ano por plenos e comisións. “A conclusión que sacamos de todo esto é que están no Concello en beneficio propio e non en beneficio de todos os veciños e veciñas de Leiro, e o Alcalde ten a desfachez de dicir que cobran pouco. Este Alcalde non ten vergoña ningunha xa que coa situación que se vive en todo o país debido á crise aínda quere se cobre máis”, dixo Rodríguez. Tamén referíndose ao rexedor municipal engadiu que “se tivera decencia non cobraba nada do soldo, pero xa nos deixou clarísimo que el está por interese persoal”. Por último o portavoz socialista sinala que é inadmisible que o alcalde non xustifique os gastos das dietas que cobra, motivo polo que foi preguntado no punto de rogos e preguntas da orde do día do pleno. O rexedor Francisco José Fernández esgrimiu como razón que non iba pedir un xustificante a un Conselleiro cando vai visitalo a Santiago, algo que é intolerable porque ademais pon en risco a legalidade do pago da dieta correspondente por parte do funcionario.Rodríguez censura este comportamento, xa que “unha vez máis o alcalde actúa como se o concellero fora a súa casa e non tivera que dar explicacións por nada, cando ten que dar explicacións tanto aos cidadáns como á oposición”. “Igual é que vai a Santiago en avión e por eso non presenta facturas da gasolina nin da peaxe da autopista, aínda que creo recordar que en Leiro, polo momento, non temos aeroporto”, concluiu.