"As Trouleiras de Cea" animan " A Mañá de Cope"coa súa música tradicional

2, Xullo 2010

 

Cea (Redacción. Rocio Campos) Este domingo 4 de Xullo celebrase a XIX edición da Festa do Pan de Cea. Como dicía Carlos Manuel Rodríguez, presidente do consello regulador de indicación xeográfica protexida Pan de Cea, confía no bo tempo debido a que “xa lle levaron os ovos a Santa Clara”.

O falar do Pan de Cea, non podemos pensar que os panadeiros so se atopan nesta vila, senón que a indicación xeográfica protexida abarca todo o concello de Cea. Para elebarar estas riquísimas pezas contan cuns fornos tradicionais de construcción do S.XIII, aínda que nos últimos anos tiveron que engadirse unhas reformas hixíenico-sanitarias para que o producto entrara dentro dunha normativa que esixa a CEE. Para a construcción destes fornos utilizan un granito especial da zona “granito ala de mosca”. A pesar dos malos tempos que corren a producción cara o exterior do pan de Cea aumentou entre un 20 e un 30 %

 Este ano as circunstancias económicas non lles permitiron ós responsables do CRIXP Pan de Cea embarcarse no proxecto previsto do Museo do Pan de Cea no Mosteiro de Oseira, pero que según o presidente do consello regulador “sigue vivo”.  Sen embargo, o que si se conseguiu este ano foi a declaración de interese turístico para esta festa de exaltación que se celebra desde fai 19 anos.

 Avecíñanse moitas horas de traballo e de festa onde se esperan ó redor de dez mil persoas, que de cumplirse as previsións, daránse cieta este vindeiro domingo no campo da Saleta de Cea, onde se servirá  tamén o xantar oficial con productos todos eles galegos e con denominación de orixe.  Foron algunhos dos comentarios que se deixaron oír no programa "A Mañá de Cope", que se emiítíu durante dúas horas desde a vila de Cea, e no que tivemos ocasión de disfrutar  en directo das "Trouleiras de Cea", un grupo de pandereiteiras entre os 11 e os 12 anos que sorprenderon coa súa música tradicional.