Pazos de Arenteiro unha vez máis no punto de mira
Boborás (Redacción.Rocío Campos) Unha vez máis o BNG ten que denunciar o mal estado no que se atopa o camiño que vai dende a chamada "casa do médico" e o "puzo dos fumes", en Pazos de Arenteiro. Pazos de Arenteiro está considerado como Patrimonio Histórico, e como tal debe coidarse todo o seu entorno. O alcade sempre anda a presumir do moito que se fixo pola vila, pero este feito deixa moito que desexar. O que nos atopamos ó chegar e cun estado calamitoso en total abandono, de aí que non sexa a primeira vez que os concelleiros do BNG veñen a denunciar estas deficiencias "unha verdadeira desfeita despois dos cartos que se levan gastados que ascenden a moitos millóns das antigas pesetas". Pero o mal estado do camiño non só se atopa en Pazos de Arenteiro, senón tamén noutras rutas de senderismo que atravesan o concello. E agora contestarán o mesmo que sempre "estos non saben, non escoitan, están maliños e teñen que ir ós médicos".