O PP local de Maside presenta unha moción para acondicionar o camiño Constanza-Faquín
Debido ó estado no que se atopa o camiño Constanza-Faquín e polo que afecta ós veciños, dado que une estas dúas localidades e o núcleo do Bolo coa carretera local do Bolo a Faquín, Casimiro Campo Fernández, concelleiro do PP no concello de Maside, solicita a presentación dunha moción diante do pleno da corporación municipal para a execución do camiño Constanza-Faquín, na parroquia de Garabás, por un importe de 63.477,88 euros a cargo da Consellería do Medio Rural.