O novo C.D Arenteiro de Mindo colle forma
(Redacción. Lolo Carril) Tanto o adestrador (Mindo) como os directivos encargados da ardua labor de confeccionar un plantel competitivo en tempos de crise seguen a traballar sen desmaio na elaboración do plantel do vindeiro curso. Unha tempada (2010-2011) que adiviñamos complicada para iste novo Arenteiro, que deixa as grandes ensoñacións a un lado para apostar por un proxecto austero, sostible e realista, cos tempos de invernía economómica que vivimos. As fichaxes rimbombantes e de moi duvidoso rendemento, xunto cos dispendios económicos forman parte do pasado "o diñeiro nunca foi garantía de nada, sobor de todo no Arenteiro, e ós datos nos remitimos". Agora toca ser prudentes, pacientes e perseverantes.
As primeiras novas fichaxes son : o dianteiro José Antonio que procede do Ourense B, o central Diego Viñas que chega a Espiñedo dende o Cortegada C.F, o interior Iago Casas que procedente do Cruceiro do Hío inicia a súa segunda etapa no clube carballiñés tras formar parte do plantel que adestrara Suso Rodríguez e logo Chuchy na tempada 2006 (finalista da Copa Deputación), o lateral Simón que procede do Ourense B, xogador xoven e de proxección que xa debutara co primeiro equipo do Couto. Así mesmo, tamén se confirman os retornos do porteiro Chavo e do lateral Adrián Caíña, ambos anos despois, voltan o equipo do seu pobo. E xa nas vindeiras horas poderían estampar a súa firma outros xogadores, neste caso estaríamos falando de nomes importantes e referímonos a ise ramillete de non menos de entre cinco ou sete xogadores con experiencia na categoría que ten obligatoriamente que fichar o Arenteiro para conformar un equipo con certas garantías.
As ofertas están feitas, as posturas son achegadas e non vindeiros días seguiremos informando.