A Concelleira de Facenda asegura que ó Concello do Carballiño non chegou resolución algunha solicitando a devolución do investimento feito nas obras da canceira
A dia de hoxe, aínda non chegou ó Concello do Carballiño resolución algunha solicitando a devolución dos 250.000 mil euros investidos no proxecto de construcción da canceira municipal da Medela, asi o asegurou esta mañá a Concelleira de Facenda do Carballiño, Inmaculada Ucha, saíndo ó paso da información facilitada desde o Partido Popular, que advertía desta decisión da administracción autonómica, esixindo ó Concello a devolución da citada cantidade de diñeiro, debido a defectos de forma na tramitación da achega económica recibida no seu dia por parte da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, na etapa do bipartito e sendo o seu titular Pachi Vázquez. A responsable das contas muncipais negou trato de favor algún có Concello do Carballiño e criticou ó Portavoz do Partido Popular de "trasmitir ó pobo do Carballiño datos erróneos ben polo seu descoñecemento do tema ou ben pola mala información das súas fontes". Ucha manifestou que todo o expediente está en regla por parte do Concello do Carballiño, e que a auditoria feita sobre as obras da canceira só desvelou "a ausencia do cartel de obra, que xa fora retirado". A Concelleira insistíu en que ó Coincello "aínda non chegou ningún requerimento por parte da Consellería de Facenda", eso si, adiantou que no caso de recibirse algunha resolución reclamando o diñeiro gastado nas obras da canceira, o Concello do Carballiño tomará as medidas necesarias e "agotaránse todas as posibles vias", antes de aceptar esa posible reclamación. Inmaculada Ucha tamén explicou a contía das axudas recibidas e os pagos feitos á empresa que executou a obra, e aseverou que en todo momento desde o Concello se seguiran as indicacións da Xunta para a tramitación de todo o expediente "a través dun convenio de colaboración, e non a través da lei de subvencións", como posterirormente se estaría solicitando.