Unha exposición sobre "O camiño de Santiago no cine español" entre as novidades na programación das Xociviga 2010
Esta mañá Asunción Rivero, concelleira de cultura, e Carlos Montes, alcalde de O Carballiño, presentaban na Casa do Concello o cartel da vixésimo sétima edición das xornadas de vídeo e cine de Galicia que se celebrarán durante os días 2 e 6 de agosto. A principal novidade das Xociviga 2010 veñen a cargo de tres exposicións: "Xociviga 25 anos", unha exposición fotográfica titulada "Camiño, Foto e Palabra" de Juan Rúa e a máis importante de todas por ser unica en Galicia "O Camiño de Santiago no cine español". Pero ademais desta, outra das novidades desta edición foi a realización dunha serie de ciclos dirixidos a distintos patróns da poboación: ciclo de homenaxe a Manane Rodríguez, a cal lle foi concedida a "Xociviga de Honra"; ciclo de cine femenino onde destaca o curso de extensión universitaria "A muller na encrucillada do audiovisual", ciclo de cine xuvenil con películas como El Príncipe de Persia e Eclipse, ciclo de cine infantil onde se proxectarán películas como Alicia en el País de las Maravillas e Marmaduke entre outras, ciclo de curtas cedidas polo consorcio do audiovisual galego con Bata por Fora e Mínimo común divisor entre outras, ciclo de miradas de autor con The good heart e ciclo de Tvmovie galegas con películas como Reliquias, Cota Roja, Fútbol de alterne e o ciclo de curtas galegas con Perversa Lola, Enredo, O soldadiño de chumbo, 1997, e O río ten mans. Durante os cinco días tamén teremos a oportunidade de visualizar por primeira vez en toda a provincia películas como Señora de.., Mi nombre es Khan e Ciudad de vida o muerte. Ademais na edición deste ano, pretendese recupar o espíritu de ir ó cine e tódolos días ás 23:00 horas proxectarase unha película entre as que destacan Pájaros de papel de Emilio Aragón.
O gala de inauguración presentada por Camila Bossa, coñecida polo seu papel de Belinda en Mareas Vivas, terá lugar o día 2 ás 21:30 horas. A Banda Escola Municipal de O Carballiño amenizará a gala coa interpretación de varias pezas relacionadas co mundo cinematográfico.
As distintas actividades terán lugar no Auditorio, a Casa da Cultura e o Concello de O Carballiño e a elas acudirán numerosos autores galegos para manter encontros co público os diferentes medios de comunicación. As taquillas permanecerán abertas trinta minutos antes do comezo de cada sesión.