O BNG DO CARBALLIÑO POSICIONASE EN CONTRA DO CANON DA AUGA
Os catros concelleiros do grupo municipal do BNG do Concello do Carballiño veñen de asinar unha mociòn pedindo a retirada do canon da auga recollido no proxecto de lei de Augas de Galiza.
Un dos puntos mais polèmicos da nova lei e que ista obriga a instalar contadores homologados nos pozos particulares, baixo a ameaza de multas de atè 30.000 euros.
Polo tanto o grupo nacionalista vai presentar na pròxima sesiòn plenaria ista mociòn cas seguintes demandas:
garantir o acceso ao ciclo completo da auga para tòdolos cidadàns en igualdade de condiciòns; unha regulaciòn e ordenaciòn dos usos da auga que recolla tòdalas peculiaridades do territorio galego e, ademais, crear un rèxime fiscal progresivo ,que de ningùn xeito, supòña un incremento da carga impositiva na situaciòn actual de crise ploa vìa dos impostos indirectos.