A peonalización do barrrio de Flores enfronta a veciños e Concello
O Concelleiro de tráfico José Antonio Barge foi o encargado de oficializar a entrada en vigor da peonalización do barrio de Flores, coa entrada en funcionamento do sistema de bolardos automáticos que tan só permiten a entrada ó barrio para os residentes con garaxes na zona. Tras supervisar persoalmente o funcionamento do sistema, Barge manifestou que "hoxe é un dia a ter en conta na historia do Carballiño", e agradeceu ós tres grupos políticos da Corporación Municipal o seu apoio para esta inciciativa de convertir en peonil este barrio carballiñés, e tamén "os veciños agradecerlle a súa amabilidade e respeto a esta proposta". O certo é que a amablidade, alomenos dun numeroso grupo de veciños descontentos, pouco durou, xa que nas horas posteriores forzaron unha reunión de urxencia na casa do concello co Alcalde e o propio concelleiro de tráfico, manifestando o seu malestar con algunhos aspectos da peonalización. Concretamente polas dificultades na activación do sistema de bolardos automáticos, unha problemática que afecta a dous edficios con garaxes na zona xa que o concello non lles facilitou os mandos a distancia para accionar sistema de apertura dos bolardos, "non pode ser que para 20 prazas de garaxe nos entreguen un único mando". No transcurso da reunión rexistraronse algunhos momentos de tensión cando algún dos afectados chamou "mentiroso" ó concelleiro de tráfico, éste tratou de aclarar que o concello tán só dispoñia de 45 mandos, aínda que "se conseguirían os que fosen necesarios". Os veciños piden que o concello lle entregue os mandos gratuitamente, xa que os mesmos teñen un coste de 40 euros.