O consorcio aproba o proxecto de construcción do parque de bombeiros cun invetimento de 750.000 euros
Ernesto Perez preside o consorcio
O pleno do consorcio do parque intercomarcal de bombeiros O Carballiño-O Ribeiro ven de aprobar na súa última reunión o proxecto para a construcción do edificio que albergará o futuro parque, cun orzamento de 750.000 euros. En datas póximas a Sociedade Pública de Investimento licitará a obra, e según avanzou no programa "Asi son as mañás de Cope" o Presidente do Consorcio Ernesto Pérez, as previsións son a que este novo servizo esté operativo a mediados do ano 2011. Ademáis, neste pleno do consorcio tamén se acordou a adquisición de dous novos vehículos que non estaban inicialmente previstos no proxecto, un camión dotado dunha escada de 32 metros de altura apto para acceder a edificios de 8 pisos, e un vehículo apropiado para actuar en núcleos de poboación con accesos estreitos. Non hai cámbeos na dotación humana do parque,que será de 18 bombeiros. Aínda está por decidir si o parque será de xestión directa, por parte do consorcio, ou se cede a mesma a unha empresa.
Ademáis, nesta mesma reunión, o pleno foi informado da solicitude presentada polos concellos de Ribadavia, Melón e Avión para integrarse no consorcio, un trámite para o que será necesario introducir unha reforma nos estatutos que rixen o funcionamento da entidade. Unha vez que se formalice a adhesión dos 3 concellos antes citados, no futuro parque intercomarcal de bombeiros estarán integrados a totalidade dos concellos das dúas comarcas. Do consorcio xa formaban parte desde a súa creación as Mancomunidades do Carballiño e O Ribeiro, e os Concellos do Carballiño e Carballeda de Avia.