Concello e comerciantes amosan a súa preocupación pola paralización das obras no entorno da Veracruz
O Alcalde do Carballiño ven de remitir unha carta á Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, na que lle indica "que o noso desexo é chegar a un acordo co Bispado para poder proseguir co normal desenvolvemento do proxecto e buscar unha saída de entendemento, e mais cando son moitas as voces que piden efectuar reformas sobre o mesmo". Montes tamén manifesta neste escrito sobre o conflicto xerado por estas obras no entorno da Veracruz a preocupación municipal sobre o actúal estado das obras, que non avanzan, e pídeselle que se reunan as partes interesadas co fin de chegar a un entendemento "que remate co actúal estado de confrontación e permita rematar as actuacións do xeito máis consensuado posible". Tamén se posicionou nesta mesma dirección o Concelleiro de obras e urbanismo, Manuel Amil, asegurando que desde o principio no que comezaron a aparecer os problemas a postura do Concello sempre foi a mesma, buscando o diálogo e o consenso entre as partes enfrontadadas, e como mostra referísuse ás reunións ás que veu asistindo, atá un total de 17, no transcurso dos últimos meses.
Doutra parte, desde a Xunta Directiva da Asociación de Comerciantes e Empresarios do Carballiño tamén se expresa a inquedanza deste colectivo pola situación xerada, e faise un chamamento a "un intento de conciliar posturas para a resolución dos problema plantexados". Advírtese do agravio que para O Carballiño siñificaría a suspesión da execución do proxecto, que deixaría o entorno da Veracruz nun estado calamitoso, un "feito que prexudicaría enormemente á Vila do Carballiño, tanto a nivel comercial como turístico".