2.184 persoas buscan traballo na Comarca do Carballiño
O Paro aumentou no Concello do Carballiño un 3,73% no pasado mes de outubro, acadando a cifra de 1.224 persoas en situación de desemprego, delas 572 son homes e 652 mulleres. Por segmentos de idade, a maior porcentaxe dase entre as persoas de 25 a 44 anos, con 627 parados. Entre os maiores de 45 anos son 486 persoas as que están inscrítas como demandantes de emprego no concello carballiñés, e finalmente, entre os menores de 25 anos rexistrananse 111 parados. En relación ós datos de fai un ano atrás, o paro incrementouse no municipio do Carballiño un 10,77%, 119 persoas perderon o seu posto de traballo durante os últimos 12 meses. No conxunto dos 9 concellos da Comarca Carballiño, as persoas en situación de paro suman xa 2.184, según os últimos datos oficiais, que son os relativos ó pasado mes de outubro.