O Concello de Maside somete a información pública a instalación de 2 plantas de "augas residuais"
A asociación ecoloxista "Matar por matar non" considera que este proxecto é "contaminante e pestilente e toda a vila de Maside está no radio de acción das súas consecuencias perniciosas", polo que invita á veciñanza de Maside a presentar alegacións para non permitir a instalación de estas plantas "ás que traerán os lodos fecais de toda a provincia". As advertencias ecoloxistas coinciden coa apertura do prazo de 20 dias hábiles para a presentación de posibles alegacións ou reclamacións contra este proxecto, a contar desde o dia 5 de xaneiro, data posterior á publicación do Edicto do Concello de Maside no BOP, no que se da conta da petición de licenza promovida pola UTE Sercoysa-Tesagua para a instalación de 2 plantas"depuradoras nodrizas para augas residuais", no lugar coñecido como "As Varandillas", na estrada da Estación de Maside. A infraestructura está financiada pola Deputación Provincial de Ourense, dentro dun plan no que tamén están previstas outras plantas similares nas comarcas da Limia e Valdeorras. O proxecto pode examinarse na Secretaría Municipal do Concello de Maside.