Francisco Romero, novo adestrador do C.D. Arenteiro, tralo cese de Mindo
Dez anos despois Francisco Romero volverá adestrar ó Arenteiro. A Xunta Xestora que preside Antonio Iglesias "Cadavid" comunicou hoxe a Mindo o seu cese á fronte da dirección técnica do equipo, agradecendolle o traballo feito durante os últimos meses. A derrota do pasado domingo en Ribadumia foi o detonante dunha decisión que busca un revulsivo que obre o milagre que se necesita para salvar a categoria, co equipo clasificado como penúltimo, e con só 9 puntos tralo remate da primeira volta. Para reconducir a situación, a Xestora contratou a Francisco Romero "Romerito", que se fará cargo desde esta mesma semana do equipo e xa o dirixirá o vindeiro domingo na Peroxa, iniciando asi unha nova etapa como adestrador do Arenteiro, do que antes xa fora tamén xogador. Romero regresa asi o fútbol activo, tras o seu cese no C.D. Ourense, fai xustamente agora un ano, en xaneiro de 2010.