FEMURO agrupa xa a 2.000 mulleres da Comarca do Carballiño

12, Xaneiro 2011

A aula “Conectad@s ó Mundo”, punto de encontro da Federación Provincial de Mulleres Rurais ,  no Carballiño rematou o ano 2010, con un total de participación de 252 usuarios/as  que realizaron formación de alfabetización dixital, dende a iniciación ata a introdución nas redes sociais. O avance das TICS e as distintas posibilidades de acercamento que as mesmas ofrecen, suscitaron o interese da poboación  A participación na formación  e nas distintas actividades, si ben é superior no sexo feminino, é de destacar o interese e aumento da participación masculina no ano rematado en canto a formación dixital, ou a distintas actividades desenvoltas para orientación e busqueda de emprego, realización de curriculums, informacións de subvencións e axudas para creación de emprego propio.  Dende FEMURO realizaronse coma sempre as actividades en datas sinaladas como o Día da Muller traballadora, no que cada comarca tivo unha xornada de confraternidade e exposición fotográfica, sendo esta última obxeto tamén de exposición pola asociación de Mulleres Rurais de Avión, na pasada  data do 25 de novembro. O día da Muller Rural, no concello de Sarreaus, ou actividades desenvoltas para marcar a data contra a Violencia de Xénero; a participación nos distintos Foros da Igualdade que no ano 2010 fixo o VII;  a camiñata e participación no Xubileo 2010; actividades todas elas que unen e mesturan vivenzas das 7000 e pico mulleres que conforman a entidade, 2000 das mesmas da nosa comarca.

Na comarca Carballiñesa os distintos  programas levados a cabo por FEMURO continúan a ser aqueles que revaloricen, axuden, informen e faciliten todos os obxetivos que a Federación se propuxo na súa creación fai xa 13 anos O programa de atención a Familias monoparentais, ou o programa de atención a nais xestantes ou lactantes mantivo a atención e axuda  nesta comarca, neste caso de tres familias  que previamente solicitaron a participación no mesmo, para posibilitar o emprego e formación,  de nais, contando co coidado dos pequenos, no espazo de tempo solicitado.

Dende o mes de outubro levouse a cabo un curso formativo-preparatorio de Competencias clave, programa desenvolto dentro de II Plan de Inclusión Social de Galicia, que rematou en decembro; financiado polo fondo social europeo e a Conselleria de Traballo e Benestar;  realizándose o mesmo no Centro Comarcal da nosa Vila, en horario de maña. No devandito 10 persoas seleccionadas a través da oficina comarcal do Plan de Inclusión Social, se formaron nas materias de Nivel II das cales se examinan este vindeiro fin de semana (13,14 e 15 de xaneiro) no recinto feiral de Silleda, punto previo para poder acceder os distintos certificados de profesionalidade.

Se traballou en cursos formativos e actividades deportivas nas distintas asociacións pertecentes a federación nesta comarca, como exemplo o curso de cociña saudable vexetariana que se desenvolveu na asociación de mulleres Pena da Sela do concello do Irixo, o curso de risoterapia  que favoreceu ás mulleres da asociación Sta. Agueda de Maside, ou os de Ximnasia adaptada de Novas Vivenzas, A Revolta, e a Madanela, así como cursos de música tradicional.

A Ludoteca invitou a participación na lectura, así como a busqueda da creatividade infantil dos pequenos/as, nas instalacións do punto de encontro, no que un total de 20 rapaces ocuparon algúns venres na creatividade e actividade artística.

 

As distintas actividades de FEMURO e da aula Conectad@s ó mundo da  vila Carballiñesa para o ano 2011, se poden observar nos distintos blogs da entidade:: www.blogoteca.com/conectadas ou www.blogoteca.com/femuro,  neste mes de xaneiro voltan de novo os cursos de acercamento a tecnoloxía dixital e as distintas actividades das cales poden ter información directa no Punto de encontro en Rúa Castelao nº15.