2.301 persoas buscan traballo na Comarca do Carballiño
O paro volveu aumentar no Concello do Carballiño no pasado mes de decembro, desta vez un 2,42%, e o número de traballadores sen emprego na capitalidade comarcal ascende xa a 1.314, un 5,46% máis en relación a un ano atrás. Outras 31 persoas perderon o traballo no municipio do Carballiño no pasado mes de decembro de 2010. Os datos tamén son especialmente negativos no Concello de Maside, onde o paro aumentou no último ano un 6,47 %, que se traduce en cifras record neste Concello, no que 285 persoas están inscritas como demandantes de emprego.
Os números do paro empeoran en todos os Concellos da Comarca, agás en Boborás e Beariz, onde no pasado mes de decembro se puxeron en marcha obradoiros de emprego. No Concello bearicense, o paro descendeu no mes de decembro un 51,28%, desta maneira tan só 19 persoas están sen traballo en Beariz, mentres en Boborás as contratacións do obradoiro de emprego reducíu o número de parados nun 15,84%, deixando o número total de persoas en situación de desemprego en 177 neste municipio.
No cómputo total dos 9 Concellos da Comarca, son 2.301 persoas as que -según os datos oficiais do pasado mes de decembro- están buscando tabrallo. Noutros Concellos do noso ámbito, en Leiro 141 persoas están anotadas no paro, e 77 no Concello de Avión.