O Alcalde de Boborás destina o diñeiro do antroido para necesidades básicas "porque non estamos para mascaradas"
O Concello de Boborás suspenderá este ano a organización institucional da festa do antroido, renunciando á celebración das distintas actividades que se viñan promovendo desde a institución municipal, como a contratación dunha orquestra, concursos, asi como as subvencións que se concedian ás comparsas e grupos que acudian a Boborás o domingo de antroido, un capítulo no que o Concello viña gastando cada ano arredor dos 10.000 euros. En declaracións ó programa "Asi son as mañás de Cope O Carballiño", o Alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, manifestou que "quen queira fuxir para adiante a base de bailes e mascaradas, alá eles". Caamaño razonou que "non se pode gastar en festas cando hai familias que teñen necesidades básicas que compre atender", e explicou que nesta situación de crise económica pola que estamos atravesando "hai que priorizar gastos, e este Alcalde entende que é moito máis importante axudar ás persoas maiores, os nenos, manter servizos como o Punto de Atención á Infancia, ou o xantar sobre rodas e a asistencia á domicilio". Desta maneira, o Concello de Boborás suprime os actos que se celebraban durante a festa do antroido "dentro desta política de austeridade, e tendo en conta os grandes recortes nas aportacións do Estado ás adiminstracións locais". Finalmente, Caamaño aclaraba que "O Concello de Boborás invitará a toda a veciñanza a manter esta festa do antroido, como expresión da nosa cultura popular".