Primeiros actos dunha campaña electoral que se prevé moi desputada na maioria dos Concellos
Preto de 300 persoas asistian ó ritual da pegada do primeiro cartel na Praza Maior do Carballiño, ónde os Candidatos de PP, PSOE e BNG se rodeaban dos seus simpatizantes. O Partido Popular proxectaba un pequeno espectáculo de láser, os socilaistas apoiabanse nun vídeo a través dunha pantalla instalada no balcón da súa sede, e finalmente o BNG optaba por unha respresentación máis festiva, ó son da música dun gaiteiro. Os comentarios que se deixaban oír apuntan a unhas eleccións municpais cós resultados máis incertos dos últimos tempos non só no Carballiño, senón tamén noutros Concellos da Comarca, como os casos de Boborás, Leiro ou Maside, onde a aparición de candidaturas independientes son unha incognita que se despexará cós resultados do domingo 22 de maio. Xa para este primeiro dia de campaña temos os primeiros mítines programados, o do Partido Popular, ás 8 da tarde no auditorio, con Alberto Núñez Feijóo apoaindo ó Candidato dos populares á Alcaldia do Carballiño, Argimiro Marnotes. Ás 9 da noite, na pista polideportiva de Dacón, presentase ante ós seus conveciños e como candidato do PP á Alcaldia de Maside,Casimiro Campo,nun mitin no que tamén participarán o Presidente da Deputación José Luis Baltar e a Conselleira de traballo e Benestar, Beatriz Mato.