Argimiro Marnotes investido Alcalde do Carballiño: "o emprego, o benestar social e facer O Carballiño dia a dia, serán os nosos obxetivos fundamentais"
Unhos 200 veciños seguiron desde o espazo reservado para o público a histórica sesión de investidura de Argimiro Marnotes Fernández como Alcalde do Carballiño, que deixa atrás 16 de gobernos socialistas no municipio. Unha vez constituída a mesa de idade, que formaron Emilio Carballeda e Iolanda Otero, tomaron posesión os 17 Concelleiros da Corporación, 9 do PP, 7 do PSOE e 1 do BNG. A votación para a elección de Alcalde foi nominal e non houbo sorpresas, cada grupo votou ó seu cabeza de lista, polo que o Candidato do Partido Popular foi elexido na primeira votación por maioria absoluta.. O Novo Alcalde, portando xa o bastón de mando, dirixíu un breve discurso de 4 minutos de duración no que expresou "o agradecemento polo entusiasmo que todo O Carballiño estivo a demostrarme durante todos estos dias polas rúas do pobo". Marnotes tivo tamén nas súas primeiras palabras como Alcalde "un recordo especial para todas as Corporacións que houbo no Carballiño, porque todas, sen exclusión de ningunha, tiveron a súa labor importante neste pobo", máis adiante fixo un ofrecemento de entendemento ós grupos da oposición ós que se dirixíu como "colaboradores imprescindibles, sen exclusión, para tirar para adiante por calquera proxecto que sexa imprescindible e ilusionante para O Carballiño". O novo Alcalde tamén se refiríu neste discurso de investidura ós seus obxetivos prioritarios para o mandato que comeza, que serán "o emprego, o benestar social e o facer O Carballliño dia a dia, sendo conscientes da situación econmómica que nos absorve", finalmente expresou o seu desexo e compromiso para "ser un Alcalde para todos e todas, e traballar arreo polo Carballiño". O público, que abarrotaba o salón de plenos, premiou o novo Alcalde cun prolongado aplauso, entre ese público atopábase o seu pai e ex-Alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes Rodríguez e o resto da súa familia, asi como o Conselleiro de Educación Xesús Vázquez e o Secretario Xeral de Emigración da Xunta, José Antonio Camba, que o final do acto, igual que fixeron numerosos veciños, felicitaron ó novo Alcalde do Carballiño.