O BNG do Carballiño presenta a Diego González como novo responsable do consello local
A Crise interna desatada no BNG carballiñés tras o batacazo electoral do pasado 22 de maio motivou tensas asambleas na militancia nacionalista que forzaron a demisión do responsable do consello local, Eladino Cabanelas. Ademaís, nas últimas semanas, tamén presentaban a súa renuncia outros dous integrantes deste órgano local de dirección, Marco Antonio Reboredo e Pilar Barros, que deixaban outras dúas vacantes. As tres baixas xa foron cubertas con outras tantas altas, as de Elvira Fernández Fernández, Soidade Sobrado Lois e Xosé Manuel Codesido Souto, que se incorporan a este novo consello local, do que será o seu máximo responsable Diego González Valeiras. Continúan da anterior etapa, Victor Vázquez Gulías, Eduardo Bernárdez López, Ramiro Alberte Sánchez Francisco e Aúrea Francisco Lorenzo, a única concelleira coa que conta o BNG na Corporación Muncipal do Carballiño. O novo responsable local do BNG manifestou no acto de presentación do renovado consello local que "o pasado 22 de maio a cidadanía expresou con rotundidade que o camiño que tiña o BNG no Carballiño non era o correcto, tomamos nota e o que agora pretendemos é corrrexir erros, para desta maneira retomar a confianza que a cidadanía do Carballiño puxo sempre no Bloque". Diego González recoñeceu que "sabemos no BNG que non fumos capaces de explicar o pacto de goberno có PSOE e iso foi fundamental no resultado electoral no Carballiño, asi e todo consideramos e considerarémos sempre que o traballo desenvolvido polos catro concellais do BNG durante ese ano e medio foi excelente". De todas formas, este novo consello local agora presentado, é considerado entre os nacionalistas como "de transición", e asi o recoñeceu o propio novo responsable local "xa que no outono celebraráse a asemblea nacional do BNG e será ahí onde se marque o camiño a seguir para o futuro da nosa formación". Neste novo consello local do Carballiño hai chamativas ausencias, como poden ser as de Manuel Amil, Bernardo García ou Chema Ferreiro, agora retirados da primeira liña da política municipal e autonómica.