Rouban 2.200 euros e xoias a unha veciña do Carballiño e a rápida intervención policial logra prender ó ladrón e recuperar o botín
Benigna P.R., de 81 anos de idade e veciña da rúa Calviño do Carballliño recibíu onte a primeira hora da tarde a visita de dous supostos funcionarios do Estado, ós que abríu as portas da súa vivenda co pretexto de ver a casa para outorgarlle unha axuda para a súa rehabilitación. Despois da visita, a muller comprobou como lle desapareceran unha cadea e unhos pendentes de ouro, asi como 2.200 euros que gardaba no domicilio, polo que de inmediato chamou á Policia Local do Carballiño. A rápida intervención dos axentes locais e dunha patrulla da Garda Civil logo localizou a ún dos presuntos ladrós nun monte próximo á vivenda onde se cometeu o roubo, na rúa Calviño do Carballiño, nas inmediacións do campo de fútbol e o camiño vello de Mesego. As forzas de seguridade procederon a detención de Luis Antonio P.D, de 46 anos de idade, e veciño de Valladolid, que levaba con él as xoias roubadas. Posteriormente, no interior dun sobre abandonado no monte, atoparanse 2.200 euros en diñeiro efectivo. Xunto co detido, participou no roubo unha segunda persoa, un home dunhos 25 anos de idade que conseguíu burlar a presencia policial.