O Concello do Carballiño debe a Fenosa facturas atrasadas por importe de 404.700 euros
A situación económica na que se encontra o Concello do Carballiño continúa sendo unha das preocupacións para o novo goberno municipal do Partido Popular, conforme pasan os dias e van coñecendo novos datos, concretamente sobre a existencia de facturas pendientes de pago, os novos gobernantes carballiñeses non disimulan a súa inquietude pola situación. O Portavoz do grupo de goberno, Martín Nogueira confirmou a esta emisora de radio que tan só con Fenosa a débeda municipal ascende a dia de hoxe a 404.700 euros "son facturas que foron quedando atrasadas e que corresponden a mensualidades que en algunhos casos se remontan a unha antiguidade de 5 anos", asegurou. O Concello do Carballiño debe a Fenosa todas a mensualidades correspondentes o ano 2010. Precisamente, no pleno da Corporación convocado para este dia 27 de xullo, deberá aprobarse un expediente de recoñecemento extraxudicial de facturas, por importe de 173.000 euros, tratase dun lote no que figuran facturas que -según confirmou o Alcalde Argimiro Marnotes- remontanse incluso aos anos anteriores ó plan de saneamento económico ó que se acolleu o Concello do Carballiño, e aínda en vigor.
Ademáis, nesta mesma sesión plenaria, a corporación carballiñesa será informada dos reaxustes que se introducirán na tramitación do novo Plan Xeral de Urbanismo (PXOM) do Concello do Carballiño, xa que as últimas condicións fixadas pola Xunta determinan que a aprobación definitiva do futuro regulamento urbanístico do Carballiño deberá acordarse antes do mes de febreiro de 2015. Tamén se tratará neste pleno a bonificación do 95% na licenza municipal para a obra de ampliación e modernización do balneario das Caldas de Partovia.