Folclore, música e gastronomia na semana previa á XLIX festa do polbo
As Xornadas de folclore que organiza a Deputación de Ourense e que cada ano achegan ata O Carballiño agrupacións folclóricas de alto nivel artístico, abren a programación de actividades nesta semana previa á celebración da festa do polbo, desde as 22,30 horas podemos ver na praza maior un festival internacional de música e danza no que actuarán grupos procedentes de Rusia, Chile, Togo e Corea. A praza maior tamén será o escenario, este xoves dia 11 desde as 8 da tarde, dun novo intento para o libro guines dos records, a "Asociación Amigos do Pulpo Paul" tratará de batir o seu propio record, un plato de polbo de 2,2 metros de diámetro, que se encherá coas talladas de 125 kilos de polbo.
Ademáis, esta mesma asociación organiza, en colaboración có Concello do Carballiño, outras actividades de animación para este semana. O mércores dia 10, pola noite, na praza das monxas, terá lugar o "Festival Octavio Pop", no que actuarán os grupos locais Holy Water, Niños Mutantes, Susie Q'S, Efecto Pigmalon, e La trasmutación del Átomo. Completase a contribución de esta asociación para animar o ambiente nestas datas previas á festa do polbo, con outras dúas actividades para o xornada do venres dia 12, ás 8 da tarde e para os nenos "a festa de cumpleanos" da mascota Octavio, e finalmente á unha e media da madrugada unha "Batukada", na praza Aquilino Sánchez.
Tamén o venres 12, a praza maior do Carballiño acollerá a gran final do "JORIGAMES.COM", un concurso de ámbito internacional no que participaron preto dos 2.000 grupos, unha iniciativa da Asociación carballiñesa "8 Notas". As 7 da tarde, final dos grupos locais, e desde as 11 da noite a final internacional para a que foron seleccionados os grupos "The Welcone Dynasti", de Valencia, "Niños Velcro" de Madrid, e "Overhear" de Vigo. Xa finalmente, o sábado dia 13 celebraráse o tradiconal concurso de camisetas da festa do polbo, e no que compiten as peñas carballiñesas.