Maside espera un novo record de participación na "Festa do Cabalo"
Arredor dos 800 cabalos, esas son as previsións que manexa a organización, son os que se esperan este domingo 21 de agosto na paraxe natural do Puzo do Lago, o que siñificaría un novo record de participación na "Festa do Cabalo de Maside", que acada este ano a súa XXIV edición. Unha festa xa moi consolidada, como comentaba en "Asi son as mañás de Cope" o Concelleiro de Maside e ún dos fundadores da festa, Wenceslao Botana "é xa unha tradición, témola fixada no tempo e no espazo, a xente xa sabe que despois da festa do pulpo e antes do San Vitorio, é a festa do Cabalo". Botana recorda como naceu esta celebración "que é hoxe a festa do cabalo seguramente máis antiga de Galicia, fumos un grupo de amigos que en 1988 decidimos recuperar a tradición cabalar deste concello, e que mellor logo que facer unha festa".
Organizada pola "Asociación do Cabalo Puzo do Lago", coa colaboración do Concello de Maside, a festa repartirá este ano 7.000 euros en premios, que recibirán os primeiros clasificados nos distintos concursos e carreiras que se celebrarán durante a xornada. Unha das novidades que desde a organización se anuncian por medio da Secretaria, Marta Pérez, será "a presenza por vez primeira de Gardas Civís a cabalo, levabamos varios anos intentando e penso que por fin iste ano ímolo conseguir".
A Programación de actividades é a seguinte:
- 9,30 H : Recepción de animais e apertura de inscripcións para as diferentes probas.
-10,20 H: Cabalos do Pais 13,20 H: Andadura de Cabalos Trotóns.
-10,40 H: Cabalos Cruzados. 14,00 H: Xantar Popular : Polbo, Chrurrasco e Carne.
-11,00 H: Eguas Cruzadas. 16,00 H: Carrreira de Cabalos Trotóns.
-11,20 H: Cabalos Pura Raza Española 16,30 H: Carreira de Cabalos Trotóns con carro.
-11,40 H: Eguas Pura Raza Española. 17,00 H: Carreira de Burros.
-12,00 H: Cabalos Pura Raza Árabe 17,30 H: Carreira de Cabalos do país.
-12,20 H: Eguas Pura Raza Árabe. 18:00 H: Carreira de Cabalos cruzados.
-12,40 H: Andadura a dous tempos 19,30 H: Carreira de Cabalos de puro sangue inglés.
-13.00 H: Andadura a catro tempos 20,00 H: Sorteo dun poldro e entrega de premios