O Concello do Carballiño instará a Xosé Blanco para que cumpla co seu compromiso de licitar a obra de ampliación do túnel de Rapariz
Foi durante a pasada campaña electoral do mes de maio cando o Ministro de Fomento, Xosé Blanco, estivera no Carballiño para anunciar a que sería "inminente licitación da obra de cubrición da via do ferrocarril e conseguinte ampliación do túnel de Rapariz, un proxecto que permitiría a creación de 4.000 mts2, con zonas de ocio e esparcemento, xardins, e incluso unha área reservada para a parada de autobuses e aparcamento público de vehículos.Daquéla, O Ministro falara dun investimento de máis dun millón de euros para facer posible este proxecto, que xa fai catro anos atrás fora presentado polo ex-Alcalde Carlos Montes.
Como queira que xa pasaron 4 meses sen novidades sobre esta "inminente licitación" anunciada polo Ministro de Fomento, a "Asociación de Veciños 4 Camiños" ven de presentar un escrito no que se lle pide á nova corporación "que se faga o máximo esforzo por conseguir a licitación de esta obra". Para a execución da mesma, xa existia un proxecto que foi elaborado polo arquitécto carballiñés Diego Bernárdez, e que xa no seu dia fora remitido ao ADIF.
O Alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, adiantou que nos vindeiros dias remitirá escritos tanto ó ADIF como o Ministro de Fomento, Xosé Blanco, solicitandolle que se proceda á licitación da obra, tal como comprometera o Ministro na súa visita do pasado mes de maio.