Xociviga 2011 ofrece 4 dias de cine, debate e música, no prólogo das festas

9, Setembro 2011

As xociviga 2011 inician este sábado as proxeccións. Ás 17:00 horas empezarán coa  primeira película de cine infantil, Ga-Hoole, na Casa da Cultura, onde ás 20:00 horas proxectase o documental O meu nome é Luís Ferreiro, contando coa presenza do director, Roi Cagiao, o protagonista do mesmo Luís Ferreiro, militante antifranquista, e o profesor e ensaísta Xesús Alonso Montero, que participarán na presentación da película e posterior coloquio. A programación da casa da cultura pecharase ás 23:00 horas con Del poder, documental que narra os sucesos acaecidos en Xénova no 2001, cando os movementos sociais protestaron ante unha reunión do G-8 e foron brutalmente reprimidos (norte de Carlo Giuliani). A entrada ás proxeccións da Casa da cultura e gratuíta ao longo de todas as xornadas.

No auditorio proxéctase ás 18:00 horas a producción francesa Micmacs, do director de Delicatessem e Amelie, Jean-Pierre Jeunet. Ás 20:00 horas a última de Woddy Allen, Medianoite en París. Xa ás 23:00 horas levarase a cabo a gala de inauguración, de entrada gratuíta, na que se proxectará Doentes, que protagonizan os actores  Xosé Manuel Oliveira “Pico” e Antonio Durán “Morris”, que recibirá a Xociviga de Honra 2011. Anbolos dous estarán presentes xunto co director da película, Gustavo Balza.

As proxeccións continuarán os tres proximos días. Os horarios pódense consultar nas carteleiras do Cine Club Carballiño da Praza Maior e nos lugares de proxección, auditorio e Casa da cultura, así como no blog do cine club, cineclubecarballino.blogspot.com, onde ademais aparece información sobre todas as actividade e películas. O domingo haberá unha actividade especial: un concerto de música a cargo do cuarteto de corda  Emsemble Aurum acompañado da soprano Indra Sesti di Luca, que interpretarán diferentes pezas de bandas sonoras de películas a partir das 20:45 na Praza dos Irmáns Prieto (praza das monxas).

RECOÑECEMENTO DE XOCIVIGA A ANTONIO DURÁN "MORRIS"

O premio Xociviga de Honra recae este ano en  Antonio Durán “Morris”. O premio recoñece a dilatada carreira profesional do actor, que empezou xa fai máis de 30 anos. O Xurado estimou que : “Morris é sen dúbida un dos rostros máis coñecidos do panorama audiovisual galego, tanto pola súa participación en curtas e longametraxes como polas súas persoaxes de series da TVG. Actor de longo percorrido, ten traballado tamén en máis de 25 obras de teatro, sobre todo no grupo do que foi un dos fundadores, Artello, como co Centro Dramático Galego. Dende que debutou no ano 1978 ata hoxe, Morris é sen dúbida un referentes da nosa cultura. Estamos seguros de que aínda o será moito máis”.

O xurado estaba composto por Ángel de la Cruz, director de cine e novelista, Eduardo Galán, debuxante, dramaturgo e crítico de cine, Miguel de Cabo, presidente de Cine Club Carballiño,  o Alcalde, Argimiro Marnotes, e o concelleiro de Cultura, Rodrigo González, en representación do concello,  que xunto co Cine Club Carballiño, organizan esta 28º edición das Xociviga.

O premio será entregado ao propio actor na gala de inauguración que se celebrará este sábado, día 10,  ás 23 horas no auditorio municipal. A entrada á mesma será gratuíta e nela proxectarase a última película rodada por Morris, Doentes, na que é o actor principal xunto con Xosé Manuel Oliveira “Pico”, que tamén asistirá á gala ao igual que o director da mesma, Gustavo Balza.