O bo tempo anima a participación popular nas festas do setembro
O cámbeo do dia festivo para o 16, en lugar do 17 e o adianto da feira ao 15, este baile de datas e a exclusión do programa das orquestras punteiras do panorama musical galego, son os dous comentarios máis criticos que se veñen escoitando nos últimos dias no Carballiño en relación ao desenvolvemento destas festas do setembro. Polo demáis, o bo tempo está contribuíndo a unha destacada participación popular, sobre todo polas noites, cun extraordinario ambiente de público tanto na avenida do balneario, onde se instalou o parque de atraccións, asi como nas zonas máis céntricas.
O adianto do festivo local ao 16 restou ambiente de público e actividade comercial á feira do dia 15, que resultou un auténtico fiasco para a hostelería e os polbeiros, que nin xiquera venderon a metade dunha feira normal, e "moito menos ca unha feira das festas", desde o comercio, a hostelería e a veciñanza en xeral, escoitáronse a través de esta emisora de radio un aluvión de críticas contra esta decisión adoptada por unanimidade pola anterior corporación municipal o ano pasado. En canto ao programa festivo, os comentarios apuntaban á falla das orquestras de máis renome de Galicia, mentres que outros aspéctos da programación festiva son valorados positivamente, como os eloxios que recibe a iluminación artística instalada nas rúas carballiñesas ou as actividades de animación nocturna, que están obtendo unha gran aceptación.
O Alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, destacaba "o gran ambiente que están rexistrando estas festas" e recoñecía e agradecía o traballo que está desenvolvendo a comisión de festas "e aínda máis tendo en conta o orzamento que temos, que todos sabemos cál é".