O Concello de Boborás pon en marcha unha programación de actividades deportivas e culturais
O Concello de Boborás, como ven facendo nos últimos anos, pon a disposición das veciñas e dos veciños un amplo programa de actividades deportivas, culturais e de ocio, co obxecto de mellorar o benestar social dos mesmos e mesmas.
Así, este ano as actividades deportivas ofertadas son:
· Ximnasia de mantemento: Para persoas dos 14 anos en adiante. Haberá clases os luns, mércores e venres no pavillón municipal, en horario de 20:15 a 21:15 h, e tamén os luns, mércores e venres no local social de Feás de 18:45 a 19:45 horas.
· Pilates: Poderán acudir as persoas do 14 anos en adiante. A actividade terá lugar os martes e xoves na Casa do Concello, en horario de de 20:15 a 21:15 horas.
· Xerontoximnasia: Poden acudir persoas maiores de 14 anos, aínda que está indicado para aquelas que superen os 45 anos. Serán todos os martes e xoves de 19:00 a 20:00 horas no local social de Brués. Esta actividade é a primeira vez que se desenvolve nesta parroquia.
En canto ás actividades culturais teremos:
· Canto tradicional e pandeireta: para persoas maiores de 14 anos. As clases terán lugar todos os venres de 20:00 a 21:30 horas, na Casa do Concello.
· Gaita, pandeireta e percusión: para persoas de todas as idades, a través da Escola de Gaitas de Boborás. Serán os sábados na Casa do Concello a partir das 20:00 horas.
E por último, manualidades: para persoas dos 14 anos en adiante. Esta actividade desenvolverase todos os martes na Casa do Concello en horario 18:00 a 20:00 e como novidade, tamén haberá no local social de Brués os martes de 20:15 a 22:15 horas.
AS ACTIVIDADES DARÁN COMENZO A PRIMEIRA SEMANA DE OUTUBRO.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 21 de outubro e para anotarse é necesario pasar polas oficinas do Concello ou chamar por telefono ao 988402008. O horario de atención ao público é de 8:00 a 14:30 horas.