BNG e PSOE consideran que o anuncio do PP sobre a débeda aos proveedores é unha cortina de fume para tapar a deficiente xestión municipal
Socialistas e nacionalistas coinciden en suliñar que o anuncio feito esta semana polo Alcalde do Carballiño sobre a débeda municipal de 11,5 millóns de euros aos proveedores é unha estratexia do Partido Popular para tapar a súa falla de xestión desde que asumíu o goberno municipal no pasado mes de xuño. Desde o grupo socialista Manolo Dacal asegurou que os socialistas deixaron un remanente de tesoreiria de 2 millóns de euros e que logo demostrarán con rigor e datos que a débeda do Concello é moi inferior á anuncida polo rexidor municipal.Dacal asegurou ademáis que os socialistas colleron un concello cunha carga financieira do 18% e deixarona có 8%.
O concelleiro socialista tamén dixo que antes que a Unión Fenosa debia pagarselle a outros proveedores, que son pequenas empresas de veciños do pobo, e que "o propio Alcalde dixo que o concello tiña máis de 15.000 cobros pendientes, asi que é posible incluso que o saldo final do concello sexa positvo". Dacal considera que o anuncio sobre a débeda aos provedores está causando "unha alarma social" para ocultar a mala xestión municipal dos últimos meses e como exemplo puxo Manolo Dacal as recentes festas dos setembro, que na súa opinión "foron as peores festas do Carballiño dos últimos tempos".
Desde o BNG, a súa Portavoz Aúrea Francisco, tampouco pensa que sexa casual que se faga este anuncio sobre a débeda ao dia seguinte de rematar as festas do setembro "xa que é un clamor o baixo nivel que tiveron estas festas", afirmou. A concelleira nacionalista entende que foi precipitado por parte do Alcalde facer este tipo de manifestacións cando está en marcha unha auditoria das contas municipais, aínda que restou credibilidade a unha auditoria que "foi contratada a dedo, xa que non houbo ningún tipo de concurso". En todo caso, Aúrea Francisco recordou que nin durante o último ano e medio de cogoberno co PSOE nin antes nos últimos 20 anos, o BNG tivera ningunha responsabilidade coa xestión económica do concello. En relación coa débeda de 600.000 euros a Unión Fenosa, a concelleira suliñou que "a luz non a levamos para a casa ningún concelleiro ou concelleira, o gasto é de todos os veciños".