Os socialistas, en contra do traspaso da recollida do lixo á Deputación de Ourense
Populares e socialistas defenderon posturas dispares no pleno corporativo que aprobou, únicamente cos votos favorables do Partido Popular, o convenio que establecerán o Concello do Carballiño e a Deputación de Ourense, para a prestación do servizo da recollida do lixo no municipio carballiñés. A esta convocatoria plenaria non asistíu a Portavoz do BNG Aúrea Francisco Lorenzo, á que a Coporación achegou as súas condolencias polo recente falecemento da súa nai.
Os socialistas expresaron, por medio de Francisco Fumega, o rexeitamento a este convenio coa entidade provincial, ao entender que o mesmo deixa moitas dúbidas sobre o futuro funcionamento do servizo, especialmente crítico foi Fumega en relación ao coste económico que para o concello conlevará este convenio, asegurando que aumentará o coste do servizo ao trimestre, xa que según os socialistas o mesmo pasará dos 83.000 euros aos 115.000 que terá agora trala entrada en vigor do convenio coa Deputación. Fumega criticou "a falta de seriedade, non é normal que o lúns nos presenten unha proposta de 138.000 euros e ao dia seguinte aparezcan cunha rebaixa a 115.000 euros, esto non é normal", suliñou. Tamén amosaron a súa preocupación os socialistas polas condicións laborais dos 5 traballadores municipais que se transfiren ao servizo da Deputación e tamén polo feito de que os 2 camións que son propiedade municipal vaian realizar a recollida noutros concellos da provincia. Tampouco ven claro os socialistas que se vaian mellorar as condicións do servizo, xa que no convenio non se fai referencia expresa ao número de contenedores novos que se van a instalar.
O Portavoz do Partido Popular dixo estar "abraiado" pola exposición socialista porque "esto é moito máis sinxelo, os veciños queren que os seus impostos sexan ben utilizados e esto é que o que se vai facer, o concello vai sair ganando "en hixiéne, estética e económicamente e tamén todos os veciños, e os cidadáns ao final serán os que valoren se se mellora ou non". Martín Nogueira engadíu que "trátase de optimizar recursos e non de facer convenios cos concellos amigos". O Grupo de goberno defende que o acordo coa Deputación fará posible a mellora na recollida do lixo, instalaránse novos contenedores, procederáse ao lavado periódico dos mesmos, e non haberá os problemas para sustituir os camións averiados ou as baixas do persoal, ademáis do importante aforro que representará para o Concello, foron os argumentos expostos polo Partido Popular para defender este convenio.
Finalmente, o Alcalde Argimiro Marnotes, recordou como xa no pasado mandato, o concelleiro de medio ambiente, o nacionalista Bernardo García acudira á Deputación e recoñecera públicamente a mellora na xestión e o aforro económico que siñificaba a adhesión do concello do Carballiño a este convenio "pero aquela inciativa nunca foi traida a pleno porque na reunión do bipartito anulouse a proposta, eso era vox populi", asegurou o Alcalde do Carballiño, que rematou a súa intervención defendendo a centralización de recursos e o agrupamento de servizos entre concellos.