O Arenteiro cae goleado en Taboadela, 3-0.

16, Outubro 2011

Domingo para esquecer do Arenteiro en Taboadela, onde os locais foron mellores durante os 90 minutos ante un Arenteiro que en ningún momento logrou meterse no partido, quizás o esforzo do pasado mércores ante o Barbadás ou acaso que tampouco este equipo está aínda suficientemente rodado, o certo é que, tras irse con empate sen goles ao descanso, na segunda parte a U.P. Taboadela foi moi superior e cada vez que chegaba á portería de Samuel creaba perigo, tapouco é que chegase moitas veces, en realidade chegou catro veces e marcou tres goles. 

Non necesitou a U.P. Taboadela facer máis para derrotar a un pobre Arenteiro, con enormes fisuras en defensa e sen o máis mínimo control do xogo no centro do campo. Se ben durante a primeira parte ambos comxuntos repartironse as ocasións de gol, na reanudación, nos primeiros 10 minutos o Taboadela sentenciou o partido con dous goles nun breve intervalo de tempo. Por se todo esto fora pouco,  Alén tiña que retirarse do campo lesionado e Iglesias era expulsado por cartón vermello, antes xa vira o amarelo, ao enfrontarse a un xogador da U.P. Taboadela despóis de recibir un pisotón, o árbitro nin tan xiquera amonestou ao futbolista local e mandou a Iglesias ao vestiario,  tras esa mesma xogada tamèn expulsou ao adestrador Dacosta por protestarlle a decisión.

Mal partido do Arenteiro ante un Taboadela que, polo visto atá agora entre os equipos que se enfrontaron ao Arenteiro, está chamado a estar no grupo de arriba. O Arenteiro, ou ofrece outra imaxe moi distinta ou terá dificultades para optar o ascenso, que é a única meta que se lle supón nesta liga. Trala derrota en Taboadela, os carballiñeses perden o liderato en favor do Covadonga, que será precisamente o próximo visitante en Espiñedo o vindeiro domingo.

RESULTADOS DA 7ª XORNADA

  Maside CF 1 - 5 Ponte Ourense SAD
  AT Villarino 1 - 0 UD Barbadas B
  CD Velle 1 - 4 CD Allariz
  SD Nogueira Ramuin 1 - 2 CF Monterrey
  A Peroxa CF 4 - 1 CF Cortegada
  CD Ramiranes 2 - 1 Poligono San Ciprian
  SD Valenza 2 - 0 CD Maceda
  AD Covadonga 1 - 0 SD Melias
  UP Taboadela 3 - 0 CD Arenteiro