O novo deseño para a praza da Veracruz elimina os muros de formigón e proxecta unha gran zona verde no entorno do templo
Principio de acordo entre o equipo de goberno do Concello, Bispado e a Asociación Adro Novo, tras varias reunións chegouse a "un punto de encontro", asi o definíu o Alcalde do Carballiño ao anunciar que se abre agora un periodo no que tamén se escoitarán outras opinións, coma as dos grupos da oposición municipal ou o resto dos veciños que se viñeron involucrando neste proceso que, trala presión veciñal e a oposición do Bispado, motivaron a paralización do proxecto que inicialmente fora aprobado tanto polo concello como pola Xunta de Galicia.
Do polémico proxecto desaparecen todos os muros de formigón, que tanto rexeitamento provocaran, e tamén se suprimen en relación ao proxecto inicial a masa arborea de gran altura e as planchas de formigón que estaban previstas para o chan. No seu lugar, crearáse unha gran zona axardinada, según Marnotes, a solución dada "suprimirá os muros de formigón e todo se resolverá con taludes vexetais, a idea é crear un gran xardín no entorno da Veracruz", apuntou.
O Alcade, e mailo concelleiro de obras e urbanismo, Magín Daparte, tamén avanzaron que no proxecto que agora se remitirá á Xunta de Galicia, introduciránse cámbeos siñificativos nos dous viais que estaban contemplados. En relación á rúa de nova apertura que enlazará a praza de San Ramón con Evaristo Vaamonde, manteráse o seu trazado "porque asi aparece no PXOM" pero terá dous tramos diferenciados, o primeiro aberto ao tráfico rodado pero dunha única dirección, e o segundo terá carácter peonil para "desta maneira unir as dúas partes verdes da praza", explicacaron os responsables municipais. En canto a rúa dos Canteiros "correxiuse a alineación que aparecía no primeiro proxecto, e en vez de ir recto faráse cunha pequena curva para salvar o cerre de pedra xa existente".