O Arenteiro recupera o liderato ante a A.D. Covadonga, 3-0.

23, Outubro 2011

Victoria ante a A.D. Covadonga nunha tarde de chuvia, incluso intensa por momentos, e no municipal de Espiñedo a mellor entrada nas gradas do que vai de tempada, notandose unha nutrida presenza de seguidores do equipo visitante que, malia a derrota, en ningún momento deixaron de animar aos seus. A chuvvia puxo o campo moi rápido para a circulación do balón, aínda que o céspede presentou un aspécto aceptable atá o final.

O partido tivo dúas partes nítidamente diferenciadas, unha para cada equipo. O Arenteiro presentabase cunha dianteira inédita na liga debido as baixas de Iglesias, por sancíón, e de Alén, lesionado, sen embargo, os verdes conseguirían encarrilar pronto o partido, na primeira media hora . No minuto 16 Pablo Dabarca cabecea un saque de esquina e logra o primeiro gol da tarde para o Arenteiro, tan so unhos minutos despois, no 22, Gele fai o segundo ao aporveitar un centro que lle chegou desde a dereita e  desde o borde da área grande e tal como lle viña envia o balón pola escadra da portería visitante, un gran gol moi aplaudido pola afección local. E aínda non se cumplira a media hora de partido, no minuto 28, outra bonita combinación dos verdes é culminada por Carlos escudero cun centro-chut desde a banda dereita que, coa axuda do vento, colase na portería da AD. Covadonga.

Xa na reaunadación, os visitantes tomaron o mando no xogo, sobre todo a partir do minuto 56 tras a expulsión de Pablo Dabarca, por doble cartón amarelo. Desde ese momento a A.D. Covadonga convirtese en claro dominador do encontro, pero non consigue materializar con éxito ningunha das súas numerosas aproximacións á portería de Pachi, nin xiquera de Penalti cometido polo defensor local Igor, xa que Dacosta enviaría o balón ao longueiro. Aínda asi, o Arenteiro aínda tería unha clarísima ocasión para ampliar a súa victoria, tras un mal entendemento entre o porteiro e a defensa visitante, Canexón atopouse cun balón e o seu tiro, a porta valeira, pegou nun defensor e foise fora. Cos 3 puntos logrados esta tarde, o Arenteiro recupera o liderato na táboa de clasificación, desbancando precisamente dese posto á A.D. Covadonga.

RESULTADOS DA 8ª XORNADA

J8 Ponte Ourense SAD 0 - 1 UP Taboadela
J8 CD Allariz 3 - 1 AT Villarino
J8 CF Monterrey 3 - 4 CD Velle
J8 CF Cortegada 0 - 3 SD Nogueira Ramuin
J8 Poligono San Ciprian 3 - 1 A Peroxa CF
J8 CD Maceda 2 - 4 CD Ramiranes
J8 SD Melias 1 - 0 SD Valenza
J8 CD Arenteiro 3 - 0 AD Covadonga

CLASIFICACIÓN

Pos Equipo Ptos Ju Ga Em Pe Gf Gc
1 CD Arenteiro 19 8 6 1 1 15 6
2 UP Taboadela 17 8 5 2 1 14 6
3 AD Covadonga 16 8 5 1 2 21 14
4 CD Ramiranes 16 8 5 1 2 16 9
5 SD Nogueira Ramuin 15 8 4 3 1 15 8
6 CD Velle 15 8 4 3 1 14 12
7 CD Allariz 14 8 4 2 2 14 8
8 A Peroxa CF 13 8 4 1 3 16 10
9 SD Valenza 12 8 3 3 2 8 5
10 Ponte Ourense SAD 12 8 3 3 2 12 10
11 SD Melias 8 8 2 2 4 9 8
12 CF Monterrey 8 8 2 2 4 13 22
13 Poligono San Ciprian 7 8 1 4 3 9 10
14 UD Barbadas B 7 8 2 1 5 7 13
15 AT Villarino 5 8 1 2 5 9 18
16 CF Cortegada 5 8 1 2 5 8 17
17 Maside CF 5 8 1 2 5 8 18
18 CD Maceda 3 8 0 3 5 7 21