Os orzamentos da Xunta para o 2012 destinan preto de 1 millón de euros para o museo dos sentidos do viño, que promove o Concello de Leiro

31, Outubro 2011

O Alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, manifestou en COPE a "a alegria que sentín ó coñecer esta noticia, non é que desconfiase de quen tiña comprometida a súa palabra, pero agora xa está no papel, e eso asegura que este proxecto vai para adiante". Fernández espera que "nos primeiros 4 meses do ano que ven debería xa procederse a licitación da obra", que inclúe ademáis do proxecto museístico a rehabilitación da edificación anexa ao mosteiro de San Clodio.

O investimento previsto, e para o que o Decrreto Lei dos Orzamentos da Xunta para o ano 2012, fixan unha partida presupostaria de 971.000 euros, terá como obxeto a creación do "Espazo dos Sentidos do Viño", e según a memoria do proxecto, consistirá "nun espazo das emocións que produce o viño, e no que se tratará de mergullar aos visitantes no fascinante mundo das percepcións sensitivas que ofrece, artellaráse como un percorrido conceptual e de aproximación sensorial ao mundo do viño".

NOVA ETAP PARA O MUNICIPIO DE LEIRO

O Rexidor Municipal tamén confirmou a esta emisora de radio a próxima construcción dunha nova Estación de Tratamento de Auga Potable  "unha vez que a obra xa foi adxudicada pola Xunta á empresa EXTRACO", a nova infraestructura, para a que se destinou un investimento de 236.000 euros por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraesctructuras, posibilitará mellorar o abastecemento de auga á vila de Leiro, e tamén a algunhas outras localidades do municipio de Leiro.