O Concello do Carballiño conxela o recibo da auga, bonifica o IBI e a recollida do lixo, e incrementa taxas nas escolas deportivas
O grupo de goberno do Partido Popular entende asi que non incrementará a presión fiscal sobre os cidadáns cara o ano que ven, ao conxelar o recibo da auga e ofrecer os contribuíntes a oportunidade de bonificar os recibos máis elevados, os que se pagan pola recollida do lixo, circulación de vehículos e o IBI. Eso si, para obter ese premio deberán proceder á domiciliación bancaria dos pagos, se o fan beneficiaránse desa bonificación, que será polo mesmo importe do incremento que verán nos seus recibos os contribuíntes que non domicilien, en base o correspondente Indice de Prezos ó Consumo.
Experimentarán un incremento as taxas por ocupación de vía pública, as terrazas, aínda que tanto BNG como PSOE consideran que este incremento non debería ser uniforme "porque non é o mesmo ter a terraza ó lado do cuartel da Garda Civil que no centro do pobo", dixo a portavoz nacionalista Aúrea Francisco, un argumento que tamén fixeron seu os socialistas.
Sí se verán incrementadas siñificativamente para o 2012 algunhas outras taxas, como as que se abonarán por "Bó Dia Familia" ou nas escolas deportivas. No primeiro caso os usuarios pasarán a pagar 30 euros ao mes en vez dos 20 que se pagaban ao ano, aínda que se contempla o coste cero para familias en situación de exclusión social, igual que nas taxas das escolas deportivas municipais, que pasan dos 55 euros que se pagaban aos 95 que deberán abonarse o ano que ven. O Grupo de Goberno xustificou este incremento polo alto deficit destas actividades, O Alcalde asegurou que malia este incremento, o Concello do Carballiño "ten unhas taxas moi por debaixo de concellos similiares, como os de Verín ou Lalín, que se moven entre os 120 e os 260 euros". Non foi da mesma opinión o Portavoz Socialista, para Paco Fumega "as subas son salvaxes nos asuntos que máis tocan á cidadanía" en relación os servizos de "Bó Dia Familia"- que calificou de despiadada- e as escolas deportivas municipais.
O Grupo de Goberno do Partido Popular sacou adiante a súa proposta recurrindo ao voto de calidade do Alcalde, toda vez que a esta sesión non asistíu o concelleiro de facenda Emilio Carballeda e a oposición votou en contra, o que motivou inicialmente un empate a 8 votos.