O COB homenaxea a Manolo Celta pola súa contribución ao baloncesto local e provincial
No mesmo escenario no que Manolo foi xogador e adestrador, na "Pista Roxa" do Carballiño, tivo lugar este emotivo acto que consistíu na entrega ao homeaxeado dunha placa e unha camiseta do Club Ourense Baloncesto, por parte do actúal Presidente do COB, Jorge Bermello. Ademáis, tamén estiveron presentes numerosos ex-xogadores e compañeiros das disntintas etapas que tivo o Club Baloncesto Carballiño, do que Manolo Celta foi sempre o seu alma-mater, con él ascendeu o baloncesto carballiñés as suas cotas máis altas, chegando a competir un par de temporadas en liga EBA. A falta de apoios e axudas, sobre todo por parte das institucións, como o Concello do Carballiño, levou a desaparición do club. Sen embargo, a este acto no que se recoñeceu a labor de tantos anos de Manolo Celta, acudíu unha representación política da Corporación do Carballiño encabezada polo seu Alcalde Argimiro Marnotes.