A recadación municipal do Carballiño acumula unha débeda en executiva que ronda os 5 millóns de euros, dos que 3 xa prescribiron
O informe, que foi elaborado pola actúal empresa responsable da xestión recadatoria no concello carballiñés, reflicte que a débeda acumulada en via executiva asecende a un total de 4.917.532 euros, repartidos nun total de 81.367 recibos. Tamén se deduce do informe que a débeda máis importante acumúlase a partir do ano 1990, sendo residual nos anos anteriores, e acumulando a maior débeda no ano 2010.
Da suma total, 3.012.409 corresponden a 52.174 recibos de débeda prescrita e non dada de baixa, mentres que a débeda non prescrita sería de 1.905.112 euros, repartidos en 28.193 recibos. Son datos que desvelou hoxe a través desta emisora de radio o Alcalde Argimiro Marnotes, suliñando que "eu sei que todo esto vai cabrear moito os que pagan, pero o Alcalde tén claro que a partir de agora quenes teñen que preocuparse son os que non pagan, porque imos facer que pague todo o mundo, non pode ser doutra maneira".
Neste informe vemos, por exemplo, como a débeda pendiente en executiva comezou a aumentar de forma moi considerable a partir de 1995, nesa anualidade xa foron 3.156 recibos que quedaron sen cobrarse en via executiva, atá chegarse aos 7.811 de cifra record en 2010. Entre os anos 2004 ao ano 2009 foron 27.380 os recibos que quedaron pendientes de cobro na recadación municipal carballiñesa.
A maior parte da débeda prescrita e non dada de baixa acumulase nos conceptos do Imposto de Benes Inmobles Urbanos e no Imposto de vehículos de tracción mecánica durante os anos 1990 a 2007, e en menor medida na recollida do lixo, que forman os padróns maioritarios na recadación carballiñesa.
O Alcalde carballiñes manifestou no transcurso da súa intervención radiofónica como "curisosamente cando o Concello dispón dun instrumento como é unha empresa externa para a recadación, é a partir de entón cando menos se recada". Marnotes adiantou que "nós imos reunirnos coas dúas anteriores empresas que pasaron polo Concello na xestión da recadación e que nos están a reclamar varias facturas, haberá que ver eso, porque visto todo esto seguramente estamos en disposición de pedir danos e perxuízos sobre toda esta situación", asegurou.