Cine-Club Carballiño presenta un ciclo de cine finlandés
O cine club Carballiño estrea tres películas en colaboración co Instituto Iberoamericano de Finlandia. Este venres enpeza no Carballiño un ciclo de cine finlandés que os cine clubs galegos desenvolverán ao longo dos meses de novembro e decembro, e no cal se poderán ver en Galicia tres películas finlandesas de recente producción e todavía non estreadas comercialmente en España. A inciativa é posible grazas á colaboración entre a Federación de cine Clubs de Galicia e o Instituto Iberoamericano de Finlandia, con sede en Madrid.
A película escollida polo cine club Carballiño para comenzar este ciclo é A ciegas, unha producción do ano 2010, na que se nos conta a transición cara á adolescencia de dous rapaces. O seu director é un dos novos realizadores finalandeses, Matti Ijäs, e acadou un gran éxito no seu país. As outras dúas películas son Pueblo de silencio e Eila. con esta iniciativa pretédese achegar a desconocida filmografía finlandesa ao público galego, xa que só soen distribuírse no noso país as películas dos irmáns Kaurismaki, directores de recoñecido prestixio internacional e que soen frecuentar os máis importantes festivais de cine como Cannes, Venecia ou San Sebastián.