O Xefe Local de Protección Civil recoñece "problemas para evacuar os feridos polas dificultades de acceso o lugar do sinistro"
O Xefe de Protección Civil do Carballiño, Juan Miguez, explicou en COPE o operativo que se levou a cabo o pasado sábado no incendio do edificio Magariños e recoñeceu que "houbo moitos problemas para o acceso o lugar do sinistro porque no cruce de Ribadavia había vehículos de curiosos que impedian a entrada dos vehículos de emerxencias, e tendo en conta que todas as bocarúas están con elementos decorativos ou con mobilidario urbán e non se podia entrar, polo que houbo unha situación moi complicada para a evacuación dos feridos".
O aviso da incidencia recibíuse no teléfono do GRUMIR ás 12,06 horas, e as 12,15 horas chegan o lugar do incendio "os dous efectivos que estaban de servizo, xa que o terceiro tén que quedarse na base, cando os 2 efectivos que se desplazan ver o alcance do que sucede piden reforzos, e en 36 minutos rescatan a todas as persoas que se atopaban no edificio, os últimos as 12,51, que son os dous policias locais", indicou o responsable da agrupación carballiñesa de Protección Civil.
Miguez tamén recoñeceu que nos primeiros momentos, cando os Bombeiros do GRUMIR chegan ao edificio ninguén os informou da presenza no interior do edificio dos dous Policias Locais, "non se sabía onde estaban atá que chegou o Xefe da Policia Local e se interesou por eles e é o que se dá conta que estaban dentro", asegurou.