O Goberno Municipal proxecta crear prazas gratuítas de aparcamento e descarta a implantantación da ORA
O aproveitamento dos solares baleiros para a súa utilización como aparcadoiros públicos e gratuítos de vehículos pode convertirse en realidade no Carballiño, se finalmente prospera a idea na que traballa o grupo de goberno do Partido Popular no Concello do Carballiño. O Alcalde, Argimiro Marnotes considera que con esta iniciativa "dotarémos ao Carballiño de espazos suficientes para vehículos, sen necesidade de cobrar por eso". A cámbeo da cesión dos terreos para este fin, os seus propietarios obterían algunhos beneficios, como a exención de pago de impostos municipais como o IBI.
Marnotes tamén confirmaba que vai trasladar á Mesa Local do Comercio a decisión do Goberno Municipal de paralizar o proceso de implantación da ORA nas rúas carballiñesas, un proxecto que deixou en marcha o anterior goberno socialista, e que finalmente descartan os responsables muncipais do Partido Popular, tal como anunciaran durante a campaña electoral do pasado mes de maio.
No lugar do proxecto de ORA dos socialistas, que tiña prevista a afectación de 800 prazas de aparcamento de pago nas rúas do casco urbán do Carballiño, os populares propoñen un sistema de control horario para o estacionamento de vehículos nas rúas máis céntricas, que sería gratuíto durante un periodo de tempo aínda por determinar, e os conductores abonarían unha sanción unha vez que sobrepasasen o tempo permitido "creemos que é a mellor forma de regular o aparcadorio nas ruás sen necesidade de cobrar por iso", manifestou o Alcalde Carballiñés.