Os socialistas propoñen a creación dunha comisión "para analizar os feitos" do incendio na rúa Principal
Desde o Grupo Municipal Socialista manifestan que ante a ausencia de propostas por parte do Alcalde do Carballiño, ao que tildan de "elemento decorativo", os socialistas van pasar á acción e "tomar a iniciativa de que se cree unha comisión para analizar os feitos dese incendio e que se busquen as claves para evitar no futuro incidentes semellantes".
O grupo socialista aclara que non se pretende facer unha utilización partidista dos feitos que conmocionaron ao Carballiño "pero sí creemosque temps a obriga, uns e outros, de poñer os mimbres necesarios para que non volvan darse as circustancias que confluiron ese dia e que de repetirse poden provocar unha catástrofe de maiores dimensións", recalcan.
Para o principal grupo da oposición municipal o acontecido ese dia esixe unha análise "seria e racional", e máis concretamente refirense as medidas que deberían adoptarse para que non volvan repetirse os problemas que tiveron os vehículos de emerxencias para acceder ao lugar do sinistro. A solución, en opinión dos socialistas non está no anuncio do Goberno Municipal de retirar o mobiliario urbano que ocupa as bocarúas de que dan acceso á rúa Principal, senón en manter expeditas as dúas entradas principais, desde o cruce da estrada de Ribadavia e desde Conde Vallellano.