O PSOE considera "unha afrenta" á comarca do Carballiño os xeodestinos turísticos da Xunta e a Concelleira de turismo solicita unha rectificación.
A Secretaría Xeral de Trurismo da Xunta presentaba esta semana os 14 Xeodestinos turísticos nos que agrupou a oferta turística galega, trátase dun mapa galego de ordenación turística , na que se ofrecen 14 rutas, có obxetivo de coordenar as actuacións en materia tuística por parte das adiministracións e o sector privado, e ofrecer paquetes turísticos conxuntos. No caso da provincia de Ourense, ofrecense 6 Xeodestinos turísticos, ún deles, O Ribeiro, no que se incluiron algunhas das potencialidades turisticas da comaca carballiñesa.
A ausencia do Carballiño desta iniciativa turística como Xeodestino provocou as críticas tanto de socialistas como de populares. Desde O PSOE, o seu Deputado Provincial e Secretario da Agrupación Socialsita Carballiñesa, Guillermo Dopazo, considerase "unha afrenta á comarca do Carballiño" e fálase mesmo de marxinación por parte da Xunta de Galicia. Dopazo preguntase ónde está "o fio directo que Argimrio Marnotes dixo en campaña electoral ter coa Xunta de Galicia", manifestando con ironía que "este fio directo debeuse cortar ou é que algún poste do tendido caeu". O Deputado Pronvincial socialista, que compareceu acompañado polo Concelleiro Manolo Dacal, lamentou que para a Xunta de Galicia non conten nada elementos tan destacados para o turismo como poden ser a Festa do Cabalo, o Mosteiro de Oseira ou o museo Olimpio Liste, o castro de San Cibrán de Lás, Pazos de Arenteiro, ou a beleza natural da Serrá Martiñá. Os socialistas adiantaron que presentarán mocións en todas a Corporacións Locais da Comarca,
Pola súa parte, a Concelleira de turismo do Carballiño, Pilar Caride, dirixíuse á Secretaria Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo, solicitando unha rectificación, remitíndolle un escrito no que sinala que "o folleto divulgativo no que deberían difundirse as excelencias do Carballiño e a súa bisbarra vén encabezado co nome do Ribeiro, cando esta bisbarra e a carballiñesa son complementarias en materia turística, pero nunca unha por diante da outra. O Ribeiro ofrece atractivos como os seus viños, a súa historia ou a súa aposta termal, como a bisbarra do Carballiño, bisbarra esta que ademais ofrece infraestruturas hoteleiras, restauración, enclaves naturais, elementos etnolóxicos como o Castro de San Cibrán, ou citas gastronómicas tan importantes como a Festa do pulpo , lugares emblemáticos como o mosteiro de Oseira ou a obra cumio de Antonio Palacios en Galicia como é o Templo da Veracruz".
Máis adiante, Pilar Caride, a Concelleira do Partido Popular solicita "a posibilidade de incluír un cambio dentro deste proxecto Xeodestinos, no que se resalte o paquete turístico que forman O Carballiño e O Ribeiro, nomeando polo tanto as dúas bisbarras no folleto divulgativo, entendendo que sería a mellor forma de difundir as excelencias desta parte do nordés provincial. Tamén temos que resaltar que xa existe unha mancomunidade turística con implicación das dúas bisbarras, "Terras do Avia", que iniciou hai anos varios proxectos de difusión turística de toda a zona, polo que entendemos que os Xeodestinos deberían ampliar a aposta da mancomunidade turística, pero sempre destacando as dúas bisbarras por igual", remata no seu estcrito a Concelleira Carballiñesa de Turismo.