Localizan morto a un mozo carballiñés nunha das pasarelas do Río Arenteiro
Un mozo de 31 anos de idade, P.P.F., veciño do Carballiño, foi encontrado morto esta mañá nuha das pasarelas sobre o Río Arenteiro.
O Cadáver foi localizado á altura da pasarela metálica que comunica a Avenida do Arenteiro, na zona das Barcias, có Paseo Fluvial, nas imediacións do Complexo Isis Pharia. O Forense certificou a súa morte e procedeuse ao traslado do cadáver para a realización da autopsia.