O Goberno Municipal do Carballiño posicionase en contra da ubicación da incineradora no Irixo
O Alcalde, acompañado da maioria dos concelleiros e concelleiras que integran o grupo de goberno do Partido Popular, comparecían esta mañá na casa do concello do Carballiño para facer pública unha declaración en contra da instalación da planta de residuos do Irixo.
Nunha posterior intervención en COPE O Carballiño, o Rexidor Municipal recordou como desde o momento no que se deu a coñecer a elección do municipio do Irixo para ubicar esta planta "dixen que había que ter cautela e ver os pros e contras e darse un tempo para tomar unha decisión, e aínda non ceñecemos ese proxecto, pero sí fumos recollendo información e, sobre todo, o sentir de moita xente que nos achegou a súa inquietude e preocupación e por eso consideramos que chegou o momento de fixar a nosa posición como grupo de goberno, porque sabemos que tamén é moita xente a que estaba esperando este posicionamento".
Argimiro Marnotes explicou que "sen entrar no debate sobre o sistema máis apropiado para o tratamento do lixo, sobre o que non hai acordo e moitas contradiccións entre todos os partidos políticos, nós, temos que ser coherentes, o Partido Popular do Carballiño é coherente, e da mesma maneira que non nos gustaba que se fixera unha planta no Ribeiro, menos aínda nos gusta que esto se faga no Irixo, pola súa proximidade có Carballiño". Marnotes confesou no transcurso da súa intervención radiofónica que "foi unha decisión moi reflexionada e difícil, porque ofrecense 250 postos de traballo, e eso é moito nos tempos que corren, pero intentarémos que sen a planta de lixo se creen outras oportunidades de traballo, e témolo que facer entre todos, temos posiblidades, no sector turístico, no termalismo, nas polbeiras, no parque empresarial, e por ahí terémos que traballar"
O Alcalde carballiñés informou da reunión celebrada onte pola noite por parte da Xunta Local do Partido Popular do Carballiño "que eu presido, e que está formada por 52 persoas e representa a unha masa de 1.121 afilidados, quizás a maior agrupación do Carballiño, e tras un intercambeo de impresións decidiuse por unanimidade que se rexeite a ubicación que actualmente se manexa para a instalación desta planta".
Marnotes espera agora que no pleno deste xoves se acada unha postura conxunta dos 3 grupos políticos para fixar a posición institucional do Concello do Carballiño. Aclarou tamén que institución municipal non se integrará en ningunha das plataformas xa constituídas e que "se instará tanto a Estéla Eólica, coma ao Concello do Irixo e a Xunta de Galicia "para que reconsideren esta decisión"