Un matrimonio de Cea e a súa filla entre os supervivintes do Costa Concordia
O matrimonio formado por José Virgilio Lorenzo e Anunciación Fernández e a súa filla Maria José encontranse ben tralo pesadelo e prevese que este lúns xa poidan estar de regreso en Cea. As 3 da tarde do domingo viaxan desde Roma a Barcelnoa e o luns pola noitiña collerán o tren hotel que os trasladará atá a estación de Ourense.
Virgilio e Anuncia, veciños de Cea , celebraban neste cruceiro as bodas de ouro do matrimonio acompañados pola súa filla María José, traballadora da Deputación de Ourense.
Nunha entrevista con Xan Pinal en COPE O Carballiño, Maria José Lorenzo relatou como "oímos un forte golpe e o barco quedouse en luz, foron momentos de desesperación e apalpando polo barco e como puden fun polos chalecos salvavidas, a sorte foi que estabamos cerquiña dunha illa e chegamos moi pronto no bote salvavidas, aquelo foi un caos, non vimos a niguén da tripulación". Maria José agradeceu a través da radio as mostras de cariño que recibiron nas últimas horas "non puden atender a todas a chamadas, pero sabemos que moita xente estivo pendiente de nós, afortunadamente xa pasou todo".