O Alcalde do Irixo recibíu aos veciños que se opoñen á incineradora
Un numeroso grupo de veciños achegouse atá a casa do concello para facer entrega no rexistro municipal de diversa documentación desfavorable á incineración de residuos e conseguiron trasladar a súa inquietude ao Alcalde Manuel Penedo, que os recibíu no seu despacho.
Os veciños tiñan pensado "que un burro levase os documentos atá a casa do concello, pero ó final non pudo ser, non houbo maneira, o burro non quixo ír e houbo que deixalo", declarou en COPE O Carballiño o Presidente da Coordenadora Veciñal Incineradora no Irixo Non, José Castro, "a nosa intención era chamar a atención, e responderlle ao Alcalde que reiteradamente nos está decindo a través dos medios que lle aportemos documentación que desaconselle a incineración".
Unha vez que os veciños se achegaron atá o consistorio atopáronse có Alcalde, que se dispoñía a marchar no seu coche "interpelárono e pedironlle que os atendese", ao que finalmente accedeu o Rexedor Municipal. Nese encontro, os veciños volveron insistir ante o Alcalde para que reconsidere a súa postura, mentres, Penedo díxolles que "esto é bó para O Irixo, se non fose asi non se faría, vai crear moitos postos de traballo e que non podía dar marcha atrás porque decepcionaría a moita xente".