Multitudinaria protesta contra a incineradora do Irixo
Varios miles de persoas asistiron aos actos de protesta celebrados na mañá do domingo no Carballiño, convocados polo Concello e a Plataforma Incineradora Non. Según os datos aportados desde a Policia Local, arredor de 4.500 persoas participaron na protesta, unha citra que desde a organización se eleva atá os 7.000 manifestantes. Algunhos medios de comunicación rebaixan a participación a "máis de 1.500 persoas".
Ao seu paso pola rúa Aldara, a manifestación tardou 10 minutos en pasar, desde que o fixo a cabeceira atá o final da mesma, o que da unha idea da multitudinaria asistencia, probablemente, a manifestación máis numerosa que se recorda no Carballiño.
Minutos despois do mediodia, o Alcalde do carballiño e os concelleiros e concelleiras da Corporación municipal desplegaron unha pancarta na que podía leerse "Acordo unánime. O Carballiño contra a incineradora", que logo subiron atá o balcón do consistorio, onde quedou colocada. Foi entón cando o Alcalde Argimiro Marnotes dirixíu aos concentrados unha breve alocución na que deu conta do acordo plenario da corporación que fixa a postura institucional do concello carballiñés contra a ubicación elixida no municipio do Irixo para instalar a incineradora.
Tralo acto institucional, puxose en marcha a manifestación convocada pola Plataforma Incineradora Non. Abrían a marcha un grupo de 6 nenos que portaban unha parcanta coa lenda "non envelenedes, a nosa terra é o noso futuro". Aos berros de de "todos xuntos facemos máis" saíu a cabeceira da manifestación, na que se situaron os representantes da Federación de Veciños do Concello do Carballiño, e detrás deles a Coordenadora Veciñal do Irixo. Nos primeiros metros da manifestación tamén se situaron os pescadores da Sociedade de Pesca Deportiva Arenteiro coa súa pancarta "en defensa dos nosos ríos" e outros colectivos ecoloxistas asi como a Plataforma Incineradora no Deza Non, que tamén apoiou a protesta. Conforme foi avanzando a marcha, foron incorporandose máis manifestantes. Entre as consignas que máis se escoitaron "Penedo traidor, dimite por favor" ou "se é tan boa que vaia para a Moncloa"
Tralo recorrido polas rúas máis céntricas do carballiño, a marcha regrresou novamente ata a Praza Maior, ónde os membros do grupo de teatro Tiruleque, que participaron na protesta portando un cadaleito cos nomes dos concellos e os rios da Comarca, foron os encargados de dar lectura ao manifesto final, no que falaron do Carballiño do pasado, do presente e "futuro no que a incineradora apoderouse do meu corpo, un animal devorador de lixo que logo vomita para facernolo tragar, xa case non queda nada do que fun"
Na manifestación participou o líder do PSdG e Ex-Alcalde do Carballiño Pachi Vázquez. Tamén o fixeron os Alcaldes Socialistas de Maside, Piñor e Carballeda de Avia. Mentres, a representación do Partido Popular do Carballiño, incluido o Alcalde, limitaronse a participar na concentración da Praza Maior e no acto institucional desde o balcón da casa do concello.