Cipriano Caamaño en COPE "a manifestación foi un auténtico fracaso"
O Alcalde de Boborás considera que "nunha feira hai para todos os gustos, pero a porcentaxe de veciños que participaron foi ridículo e a manifestación foi un auténtico fracaso"
Cipriano Caamaño informaba da visita que esta semana farán a Boborás técnicos de XESTUR, para iniciar as xestións que deberán culminar có proxecto de urbanización da futura área industrial e a zona dotacional, na localidade da Almuzara, onde o concello de Boborás pretende promover a construcción de vivendas de promoción pública, e un tanatorio, entre outros servizos. Non obstante, Caamaño aproveitou a súa intervención radiofónica para referirse á xornada de protesta do pasado domingo contra a incineradora "a xente é bastante intelixente e prudente na comarca, a maioria dos manifestantes era xente foránea, non había máis que ver o número de coches que había no momento da manifestación e cómo quedou O Carballiño media hora despóis, valeiro", afirmou.
Según o Alcalde de Boborás "eso quere decir que a maioria da xente veu de fora, eso quere decir que todo estaba manipulado para terxiversar unha situción na que abunda a intoxicación", e engadíu "cada vez estou máis convencido do que digo, e en contra daqueles que falan da miña condición de médico, e mira o que dí e é médico, pois precisamente por eso, a miña opinión será como mínimo tan respetable como outros que falan e tocan de oídas"