O Alcalde do Irixo asegura que non se contemplan outras posibles ubicacións para a incineradora
O Alcalde do Irixo tivo que atender outra protesta contra a incineradora, desta vez por parte dun grupo de mulleres que acudiron atá a casa do Concello do Irixo para achegarlle ao Rexedor Municipal a súa preocupación "pola saúde e o porvir dos nosos fillos".
Trala entrevista deste grupo de mulleres con Manuel Penedo, o Alcalde do Irixo recoñeceu en COPE O Carballiño que "houbo un momento de tensión e sí recoñezo que non tiña que haber dito o que dixen", tras o enfrontamento verbal cunha das mulleres que participaban na protesta.
Preguntado o Alcalde do Irixo sobre algún posible cámbeo de emplazamento da incineradora, despois de que o Presidente da Xunta deixara aberta esa posiblidade nunhas manifestacións feitas esta semana, Penedo asegurou que "podo garantizar que aquí non temos coñecemento de nada, e creo que se houbese algún cámbeo tanto o Conselleiro como a empresa me terían comunicado algo, e polo coñecemento que teño da empresa é que siguen traballando na redacción do proxecto contanto coa ubicación que se apuntou desde os primeiros dias".
Afondando nesa mesma posiblidade, que trasladaría o emplazamento anunciado a outro ubicado en montes da parroquia de San Cosme de Cusanca, nunha zona próxima o linde do municipio do Irixo cos de Piñor e Dozón, Penedo dixo que "esa era unha das posiblidades que se apuntara inicialmente, pero despois chegouse xa a un acordo cos comuneiros para esta ubicación, e de momento non hai outra noticia, esto anunciouse o dia 5 de Decembro e durante todo este tempo nunca se plantexou ningún cámbeo de ubicación", asegurou.