A Xunta de Galicia destina 280.000 euros para a construcción do punto limpo do Carballiño
O novo punto limpo do Carballiño terá o seu emplazamento na parroquia de Seoane, en terreos da mancomunidade de concellos, a carón da estrada autonómica Cea-Ribadavia.
O proxecto, no que a Xunta investirá 280.000 euros, contempla a construcción dunha caseta-oficina de recepción, un almacén para residuos especiais e un recinto para plásticos agrícolas. Ademáis, instalaránse colectores e construiráse un peche perimetral, e procederáse á sinalización das instalacións.
Os primeiros traballos, que xa están en marcha, consisten no desbroze da vexetación e os movementos de terras neste lugar no que se ubicará o futuro punto punto da comarca do Carballiño. As obras teñen un prazo de execución de 6 meses.
PLAN DE XESTIÓN DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS
A construcción do punto limpo do Carballiño forma parte do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia, que se desenvolverá atá o ano 2020, tendo en conta 10 liñas estratéxicas de actuación, que implicarán a mobilización de 502 millóns de euros.
En primeiro lugar, preténdese estabilizar a produción de lixo e lograr que en 2020 a poboación galega produza un 10% menos respecto dos 1,2 millóns de toneladas que se xeran na actualidade.
En segundo lugar, preténdese diminuír progresivamente os residuos que van parar a vertedoiros. Isto supón que, mentres na actualidade se leva a vertedoiros controlados o 53% dos RSU xerados, o obxectivo é reducir a porcentaxe ata o 24%, depositando só aqueles residuos que non poden ser valorizados.
O terceiro obxectivo será o incremento da reutilización e a reciclaxe dos residuos ata un 30% do total dos residuos sólidos xerados, fronte ao 10% actual.
A chamada estratexia dos tres R (redución, reutilización, reciclaxe) complementarase "coa valorización enerxética a través da actual planta de SOGAMA en Cerceda e o novo Complexo de Tratamento de Residuos Urbanos do Sur, así como a construción de 8 plantas de compostaxe", asegura a información facilitada pola Consellería de Medio Ambiente.
.